Sunday 05 de May de 2024

Maximino Pérez Abuin presentará este sábado 27 de maio en Lousame o seu libro “La historia de Laura Scott”, ambientado en San Finx


Estará acompañado pola alcaldesa Teresa Villaverde, polo coordinador de Barbantia, Xoán Pastor Rodríguez, e polo presidente da FEB, José Ramón Romero

A Casa da Cultura “Santeiros de Chave” de Lousame acollerá este sábado 27 de maio, ás 19:00 horas, a presentación de “La historia de Laura Scott”, un libro de Maximino Pérez Abuin publicado por HFD Editorial. Unha novela ambientada en San Finx (Lousame) nos tempos da II Guerra Mundial e que será presentada polo propio Maximino Pérez, que estará acompañado por Teresa Villaverde Pais, alcaldesa de Lousame; Xoán Pastor Rodríugez, coordinador da asociación cultural Barbantia; e José Ramón Romero, presidente da Federación de Empresarios do Barbanza. A entrada é totalmente libre e de balde.

“La historia de Laura Scott” é unha novela que mestura espionaxe, vida e amor. Como reza o seu título, o libro narra a misión de Laura Scott, que chega a Lousame coa misión de impedir que as minas de San Finx produzan máis wolframio para a industria armamentística nazi, para o que precisará a xuda do facultativo da mina, a quen deberá conquistar.